XORNAL ESCOLAR

Un colexio funcional e moderno

O CEIP Amadeo Rodríguez Barroso destaca polo alto nivel académico que acada o alumnado e polo esforzo da comunidade educativa por dotalo con recursos tecnolóxicos punteiros

O CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso é un centro de ensino renovado que destaca especialmente por ser moderno e funcional. A lumninosidade e unha minuciosa estética converten a este colexio nun espazo acolledor e agradable. As instalacións están axeitadas ás necesidades da actividade educativa polo que contan entre outros espazos con biblioteca, aula de informática, aula para desdobres e para atender á diversidade, aula de psicomotricidade, ximnasio, pavillón polideportivo cuberto, salón multiusos e comedor para 250 escolares.

Ademais das instalacións, este centro de ensino da cidade destaca polo alto nivel académico que acada o alumnado, ata o punto de sinalar que o nivel de absentismo e de fracaso escolar son inexistentes e a media das cualificacións cada curso moi alta.

A comunidade educativa traballa arreo para dotar ao centro con recursos tecnolóxicos adaptados aos tempos que corren. Deste xeito contan con conexión a internet en todos os locais, proxectores de vídeo en todas as aulas e encerado dixital en boa parte das mesmas. 

A biblioteca é outro dos espazos salientables do centro para o proceso de ensino- aprendizaxe e como dinamizadora de gran parte da actividade educativa e cultural deste colexio. Así, son frecuentes os encontros con autores, contacontos, múltiples certames e concursos, apadriñamentos lectores, celebracións e conmemoracións, etcétera.

É fundamental salientar tamén como dato destacado do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, o compromiso co fomento do uso do galego, cunha ampla programación de actividades destinadas a poñer en valor a lingua e cultura galegas. O compromiso do profesorado e o seu esforzo por manter o colexio activo e actualizado converten a este centro de ensino de Infantil e Primaria en todo un referente á hora de pensar na educación e na formación integral dos nenos e nenas. 

Por outra banda e dando conta do traballo colectivo que se leva a cabo, tamén xoga un papel vital e complementario a ANPA do centro, xa que son os que organizan un amplo abano de actividades extraescolares, así como o servizo de comedor e o acollemento temperá, para así concienciar a vida laboral e persoal.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma