AULAS ABERTAS

Xogo da Oca para coidar o entorno

A Concellería de Educación organizou unha actividade de Educación en Medio Ambiente pensada para 141 escolares

Stella presenta a actividade na que participaron os escolares do colexio Luis Vives.
Stella presenta a actividade na que participaron os escolares do colexio Luis Vives.
Xogo da Oca para coidar o entorno

O colexio Luis Vives da cidade, acolleu hai uns días a última sesión da actividade de Educación en Medioambiente que levou a cabo a Concellería de Educación do Concello de Ourense en tres centros de ensino da cidade. Participaron nesta completa actividade un total de 141 alumnos e alumnas que se interesaron polo coidado do entorno desde o primeiro minuto, colaborando moi activamente en cada un dos desafíos que se lles propuxo.

A proposta educativa comezou cunha charla didáctica, na que se explicou aos escolares os problemas que están a crear os resíduos en Ourense e o importante que é, tanto aprender a reciclar como facelo diariamente. 

Os participantes na actividade prestaron moita atención ás indicacións do experto convidado que tras a charla os convidou a participar nun xogo educativo. Tratábase do Xogo da Oca, onde os escolares interactuaron cos diferentes contenedores, ademais de aproveitar os monumentos históricos e literarios da cidade para levar a cabo a actividade dun xeito completo e ameno.