COLEXIO SANTA MARÍA "MARISTAS"

"Sembrando sobre cenizas", en Palmés

Parte da comunidade educativa de Maristas, en torno a 100 persoas, respostaron con accións aos incendios do pasado mes de outubro

Nenos, pais e profesores,  todos preparados  para a plantación.
Nenos, pais e profesores, todos preparados para a plantación.
"Sembrando sobre cenizas", en Palmés

Un total de cen persoas, entre alumnado, familias e profesorado do colexio Marista Santa María citáronse en Palmés para proceder á reforestación con árbores de especies autóctonas nunha zona do monte na parroquia de San Mamede. Con esta actividade culminaron un proxecto de aprendizaxe e servizo denominado "Sembrando sobre cenizas", promovido polo propio centro como resposta educativa aos incendios do pasado mes de outubro.

A reforestación estivo guiada por Xosé Santos, axente forestal conocido en Maristas polas charlas que imparte na ESO e o apoio incondicional ás actividades promovidas polo grupo ecolóxico colexial "El color verde".

Ademais da plantación, os asistentes visitaron as ruinas do Monasterio de Santa Comba de Naves e realizaron un "baño de bosque", técnica xaponesa que convida a camiñar pola natureza cos cinco sentidos, experimentando a armonía e unidade coa creación.