XORNAL ESCOLAR

Competitividade san entre os nenos

Olimpiadas buxaina en amencer
16-1-15
photo_camera Un grupo de xóvenes participantes, a piques de comezar unha das probas.

Amencer volveu a ser unha fin de semana máis o punto de encontro dos nenos e mozos ourensáns.

Amencer volveu a ser unha fin de semana máis o punto de encontro dos nenos e mozos ourensáns. Entre as actividades programadas destacou especialmente a denominada "Buxainolimpiadas". Tratouse dunha actividade dirixida a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os seis e os oito anos, esto é, do grupo Buxaina, que se prolongou durante hora e media. Os participantes tiveron que superar distintas e divertidas probas nunhas olimpiadas moi especiais, cunha amplia variedade de xogos que tiñan como finalidade favorecer a competitividade sa. Os cativos o pasaron estupendamente e amosaron as súas habilidades en distintas materias e tarefas concretas. Unha das probas consistía en decorar murais coas súas propias mans, onde amosaron ser grandes artistas deixando como resultado magníficos traballos artísticos. Ademais desta divertida actividade, en Amencer organizaron o habitual obradoiro de guitarra e unha actividade de formación de animadores.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar