XORNAL ESCOLAR

Completa visita ao Concello

20180606111336781_result
photo_camera Escolares do CEIP Carlos Casares, no despacho de Manuel López Casas,alcalde de Xinzo de Limia, durante a visita ao Concello.

Todo estaba perfectamente planificado e programaron a saída na que tiveron a oportunidade de estar acompañados por membros da Policia Local e de Protección Civil de Xinzo

Ademais do aprendizaxe nas aulas, no CEIP Carlos Casares de Xinzo procuran complementar a formación con actividades máis prácticas. Nesta ocasión, os escolares de catro anos do centro, inmersos nun dobre proxecto de Coñecemento do seu Concello e outro de Educación Vial compartiron unha estupenda xornada de formación fóra do seu centro de ensino. 

Todo estaba perfectamente planificado e programaron a saída na que tiveron a oportunidade de estar acompañados por membros da Policia Local e de Protección Civil de Xinzo, cos que repasaron as normas a ter en conta no desprazamento á pé á escola e o que significan os sinais que atopan cada día. 

O alcalde de Xinzo de Limia, Manuel López Casas, que respondeu a todas as preguntas que lle formularon os cativos. Logo participaron nun percorrido polas distintas dependencias do Concello. Tamén visitaron as instalacións da Policía Local e German M. Bolaño, inspector xefe da Policia local explicoulles as funcións deste corpo.

Tras unha merenda no salón de plenos, visitaron a Biblioteca municipal, onde a encargada os agasallou cunha sesión de contacontos. Foi unha xornada do máis divertida e de aprendizaxe.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar