XORNAL - TELEMIÑO

O compromiso coa auga comeza na escola

IMG-20180316-WA0012_result
photo_camera O Xornal Escolar de Telemiño recolle, este sábado, a actividade Expociencia, organizada polo colexio Guillelme Brown.

O programa de Telemiño tamén recolle a recente feira de inventos e investigacións organizada polo colexio Guillelme Brown

A auga, a imaxinación, os inventos e, por suposto, a creatividade do alumnado que nunca nos deixa de sorprender, marcarán o progama Xornal Escolar de Telemiño deste sábado. 

O tema central da semana será a auga, nesta ocasión facendo referencia ás actividades que organiza a Confederación Hidrográfica Miño-Sil dirixidas aos escolares, co fin de que aprendan e se acostumen desde idades temperás a facer un uso correcto da auga e que coñezan as fatales consecuencias para o medioambiente non coidar este ben tan prezado. Para falar das actividades que este ano se organizan en Ourense, no CEIP Virxe de Covadonga, o plató de Telemiño contará coa presenza de escolares do centro.  Os participantes na iniciativa da Confederación Hidrográfica Miño-Sil falarán as iniciativas levadas a cabo ata o de agora, xa que se trata dunha serie de actividades que se prolongan todo o curso. A visita dun naturalista como Víctor López Seoane ao seu colexio, unha xornada de actividades no río Barbantiño e a proposta que compartiron este pasado xoves, coincidindo coa conmemoración do Día da Auga, son só algunhas das actividades das que falaron os escolares no plató de Telemiño. 

Francisco Marín Muñoz, presidente de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, tamén acudiu ao progama Xornal Escolar para falar de todas as actividades de educación ambiental que organizan desde o organismo que preside e que están a contar con moi boa aceptación por parte dos escolares.

REPORTAXE

Esta semana, o programa incluirá tamén unha ampla reportaxe do que foi a 17 edición da Expociencia do Guillelme Brown, unha afianzada actividade que busca espertar a curiosidade de cara á investigación científica dos escolares. Decenas de stands ocuparon o centro de ensino e os inventores, nenos e nenas de todos os cursos, puxeron en valor a súa imaxinación e o traballo en equipo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma