CONCURSO DE TELEMIÑO

Comunicadores "moi riquiños"

Escolares e profesores do CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez de Vilardevós participaron no programa Xornal Escolar, onde deron conta do activos que son no seu colexio

O CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez de Vilardevós visitou por primeira vez o plató de Telemiño para participar no programa Xornal Escolar. Á cita acudiu todo o alumnado do centro, agás catro que estaban maliños, e os seus profesores. A experiencia resultou do máis divertida. Nanyeli Morgado, Aliche La Placa e Raúl Rúa exerceron magnificamente de co presentadore e axudaron a Conchi Pérez na súa labor. A profesora convidada foi Rochi Nóvoa, directora do centro.

Alumnos e profesores levaban as mesas camisetas, nelas podíase ler “Eu son moi riquiño”. Trátase dun agasallo que se fixeron para contar todos con algo especial que os unira aínda máis do que xa están, xa que neste centro de ensino de Vilardevós destaca por encima de todo a estreita relación que existe entre todos os membros da comunidade educativa.

O programa arrancou cun vídeo de presentación do centro, máis concretamente dunha das actividades recentes que organizaron no colexio, o Día da Paz, unha proposta que se suma a moitas outras que profesores e alumnos comparten ao longo do curso. Son actividades moi dinámicas e divertidas coas que aprenden moitas cousas interesantes dun xeito lúdico.

Tras os vídeo, tocou o turno das adiviñas, unha das seccións máis divertidas do programa, na que Rochi Nóvoa tivo que acertar unha serie de obxectos ou accións a partir dunha serie de pistas que lle proporcionaron os alumnos. Rochi demostrou ser unha verdadeira experta na materia e os escolares foron magníficos á hora de describir os obxectos.

LA REGIÓN NAS AULAS
No CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez reciben regularmente La Región e por elo os escolares fan uso do xornal no seu día a día. Tras pasar polo cole, reparten os xornais entre os escolares para lever para casa. Á hora de ler o xornal estes escolares amosaron que coñecen perfectamente cada sección e gústalles estar moi ben informados.

RONDA DE PREGUNTAS
Minutos despois chegou outro dos momentos máis agardados do programa. A profesora convidada someteuse ás preguntas dos tres co presentadores que estaban encatados de saber algo máis da directora do seu cole. 

Que fas no teu tempo libre?
- Moitas cousas. Gústame ler, escribir, pasear por todos os Entroidos da provincia, facer manualidades e tamén o adico a limpar, que sempre fai falta.

Por que quixeches ser profesora?
Tiven clarísmo que quería ser profesora dende os 7 anos. A miña experiencia como alumna non foi positiva. Estudiei nun colexio de monxas no rural e o pasei moi mal e de ahí souben que esa non era forma de ensinar e estaba segura que o ensino tiña que ser outra cousa. Agora estou encantada de ser mestra.

Imos ter máis excursións?
A verdade é que son moi “facilona” e aínda que diría que non hai máis excursións este curso, se mo piden acabarei cedendo coma sempre.

ALTERNATIVA OCIO
Tras unha pausa, Rochi Nóvoa deixou o seu sitio a Pablo Jorreto, profesor de actividades extraescolares, que visitou o programa Xornal Escolar para falarnos dunha intersante proposta que está a ofrecer aos centros de ensino, a robótica. Definiuna como unha actividade moi sinxela que axuda aos rapaces a coñecer moito mellor o mundo das tecnoloxías. Tras a visita de Pablo presentouse o obradoiro da semana e se deu paso a Susana, do departamento de Marketing de La Región, que se encargou de presentar unha interesante actividade que La Región está organizando para o día 19 de marzo na Alameda de Ourense. Será unha festa dos xogos populares onde nenos e adultos poderán compartir unha intensa xornada de diversión con torneos e actividades para todos.

 Con música en inglés e moito humor despediron os escolares de Vilardevós o seu paso por Telemiño.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar