ACTIVIDADES DE NADAL

O Concello de Ourense organiza actividades de conciliaciòn familiar e laboral

As Bibliotecas Municipais  están a acoller as actividades para nenos e nenas de 4 a 10 anos

O Concello de Ourense organiza actividades de conciliaciòn familiar e laboral

O Concello de Ourense propón un amplo programa de actividades de Nadal para escolares co fin de concienciar a vida laboral e familiar. A Aula da Natureza e as Bibliotecas Municipais están a acoller as propostas lúdicas e educativas estes días. Hoxe e os días 28 e 29 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018 desenvolveranse numerosas e variadas actividades para todos os gustos e idades.

Na Aula da Natureza, previa inscrición na Concellería de Educación, estanse a desenvolver as actividades para o alumnado de Primaria, de 6 a 12 anos, tanto pola mañá como pola tarde.

As Bibliotecas Municipais (A Carballeira, San Francisco, A Ponte e o Punto de Animación á Lectura "O Couto") están a acoller as actividades para nenos e nenas de 4 a 10 anos.

Estas actividades están a contar con moi boa aceptación e os nenos e nenas, ademais de divertirse, non deixan de aprender este Nadal.