PHOTOCALL

Concienciación contra os lumes

Na activiade participaron preto de 200 personas

Escolares de Cenlle e Maside viaxaron ata o CEIP de Vilardevós para participar nunha xornada de concienciación contra os lumes que arrasaron parte do municipio.
Escolares de Cenlle e Maside viaxaron ata o CEIP de Vilardevós para participar nunha xornada de concienciación contra os lumes que arrasaron parte do municipio.
Concienciación contra os lumes

Preto de 200 persoas, entre escolares, profesores, convidados e representantes públicos citáronse no CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós, primeiro; e na Cidadella, despois, para participar nunha xornada de concienciación contra os lumes que recentemente arrasaron parte do municipio. 

A primeira das citas, foi no propio colexio ao que acudiron como convidados especiais escolares do CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle e do CPI de Maside. Alí visionaron o documental "Como me fai sentir o lume", guionizado pola directora do centro anfitrión, Rochi Nóvoa e gravado polo cineasta galego Xosé Bocixa, co que se procuraba concienciar da traxedia que rodea cada ano aos lumes. Con moitos aplausos, así rematou a proxección que a bo seguro non deixou a ninguén indiferente. 

Minutos despois todos os escolares cos profesores remataron a xornada cunha excursión pola fervenza da Cidadella, onde xantaron ao aire libre e gozaron dun inchables.