XORNAL ESCOLAR

Coñecemos Lobios

20161217214607920_result
photo_camera Varios escolares del CEIP do Xurés.

Un proxecto documental do CEIP do Xurés sobre a riqueza natural e cultural da súa contorna

No CEIP do Xurés a biblioteca é o motor de practicamente todas as actividades do centro, traballan con ilusión, esforzo e interese tanto para o fomento da lectura como pola adquisición de habilidades que promovan a investigación e o traballo cooperativo integrando sempre o medio e as novas tecnoloxías. Todo esforzo ten recompensa. O CEIP do Xurés resultou gañador no III Concurso de traballos por proxectos na categoría “Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar”.

No curso 2015-2016 o CEIP Do Xurés realizou un Proxecto Documental Integrado titulado Coñecemos Lobios, no cal participou toda a comunidade educativa do centro (estudantes, mestres e familias) ademais de contar coa presenza de expertos nos distintos ámbitos de estudo.
Este proxecto contou con 5 bloques temáticos divididos nas distintas aulas do centro: 
1. Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés (Educación Infantil)
2. Vía Nova (1º Educación Primaria)
3. Que é Lobios? (2º Educación Primaria)
4. Termalismo (3º e 4º Educación Primaria)
5. Tradicións (5º e 6º Educación Primaria)

O proxecto que se desenvolveu nos meses de xaneiro a xuño levouse a cabo contando coa axuda de expertos como o Doutor Pedro Araújo Nespereira, profesor do departamento de Xeodinámica da Universidade de Vigo, gran coñecedor das augas termais da Baixa Limia; a colaboración dos biólogos e demais persoal do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Todos os estudantes traballaron e investigaron un bloque de contidos sobre a riqueza natural e cultural da zona na que viven.

O proxecto contou cun total de 84 actividades que se desenvolveron nos diferentes bloques temáticos de xeito interconectado a través dunha serie de actividades comúns como puido ser o Entroido ou visitas ao pobo de Salgueiro (dentro da Reserva da Biosfera Xurés-Gerés); a aldea etnográfica de Puxedo ou a andaina pola Vía Nova (candidata a Patrimonio da Humanidade ante a UNESCO).

O alumnado durante o transcurso do proxecto investigou sobre:

Os animais e plantas do Parque Natural; a súa extensión… A vía Nova; usos, quen a mandou construir; vida dos Romanos: costumes, modos de vida… As parroquias de Lobios; demografía da poboación; monumentos… As augas termais: o por qué da súa existencia; beneficios destas augas…

Tradicións como a Carretada de Lobios, oficios e as súas ferramentas, o ciclo do pan ou a matanza…

Ademais de gañar este premio, o centro foi a expoñer o proxecto "Coñecemos Lobios" nas VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.Parabéns a este fabuloso equipo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma