ACTIVIDADES

Conexión: Celanova a Antártida

O militar galego Antonio Doníz, desde a base Gabriel de Castilla do Exército de Terra español na Antártida, conversou cos escolares por videoconferencia

O rostro dos cativos dicíao todos, estaban entusiasmados coa conexión coa Antártida.
O rostro dos cativos dicíao todos, estaban entusiasmados coa conexión coa Antártida.
Conexión: Celanova a Antártida

Gracias ao profesor do colexio Curros Enríquez de Celanova Juanjo Lamelas, en novembro de 2017, o militar galego Antonio Donís, visitou o colexio para dar unha charla sobre a súa misión na base Gabriel de Castilla do E.T. español na Antártida. Hai uns días e despois de todo este tempo e dunha viaxe longa e durísima, o colexio de Celanova púxose en contacto con el e o seu compañeiro, por medio dunha video conferencia: Celanova-A antártida, nada menos. Foi moi emocionante. Explicáronlles o apoio loxístico que aportan aos científicos tamén asentados alí, na illa Decepción, preto do Cabo de Hornos. Comentaron que as investigacións e proxectos están enfocadas a investigar o cambio climático e o quecemento global.

Despois de varias preguntas dos nenos e nenas  de 5º e 6º, Antonio amosounos cunha tablet o exterior da base e a impactante paisaxe da Illa Decepción.