photocall

Contos e manualidades para nenos e maiores

PA052931_result

Trátase dunha actividade interxeneracional realizada conxuntamente coa psicóloga da Área de maiores dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín

Unha das actividades máis fermosas e á vez con máis poder de convocatoria das numerosas que organiza a Biblioteca Pública Municipal de Verín, é a denominada “Ti tamén chegarás a vello”. Trátase dunha actividade interxeneracional realizada conxuntamente coa psicóloga da Área de maiores dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín, na que buscan a participación de nenos e nenas xunto aos seus avós e avoas, se ben é certo que moitos participaron nesta ocasión cos seus pais ou nais.

A actividade, que este ano celebrou a súa quinta edición, volveu a contar con moita participación e un alto nivel de atención e seguemento. Durante unha hora e media, nenos e maiores compartiron manualidades e contos. As manualidades consistiron nunha realización conxunta, de cada neno e maior, dun marco, elaborado con catro paos de xeado e decorado con follas ou goma eva. Tras a elaboración do marco, na propia biblioteca fixéronlle unha foto a cada parella que colocaron seguidamente no marco. Os contos versaron sobre maiores, apoiandose na sección da Biblioteca "Educar nas emocións". Un ano máis a actividade foi todo un éxito onde a enerxía e a imaxinación dos cativos se misturou coa experiencia e o bo facer dos maiores, unha mistura explosiva que concluiu nunha experiencia inesquecible e fantástica que todos agardan repetir.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma