XORNAL ESCOLAR

Convivencia centrada no consumo responsable da auga

20180611102005453_result

Máis de 100 escolares citáronse en Punxín para compartir numerosas actividades lúdicas e didácticas

O CEIP de Punxín foi o colexio anfitrión dunha recente xuntanza de Educación Infantil na que participaron escolares procedentes do CEIP A Peroxa, o CEIP de San Amaro e o CPI de Terras de Maside. Sumaban así  uns 100 nenos e nenas e todos xuntos participaron en numerosas actividades nas que se traballou especialmente na temática do consumo responsable da auga, co fin de concienciar aos cativos da súa importancia, dos seus usos, etcétera. O lema da activiade foi “Móllare, pero no me estragues”. 

Comezaron a xornada cantanto “A pinguiña Punxiña”, composto especialmente para esta xuntanza. Os escolares tamén participaron en contacontos, na actividde “auga e xabón” coa que aprenderon a lavar a roupa e fregar a louza sen malgastar a auga, na proposta “cadros de cores” coa que pintaron orixinais cadros e en “botella da calma” aprendendo a reciclar. Tamén posaron ante un divertido photocall. O día foi sensacional tanto para os nenos como para os profesores.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar