XORNAL ESCOLAR

"O Correo do Bolo" introduce aos escolares ao mundo xornalístico

20180608120530187_result
photo_camera Os gañadores da categoría de 5º de Primaria do concurso Xornalistas na Escola.

Emilio González dirixiu este traballo escolar e se sinte "moi orgulloso do esforzo e interese amosado polos meus alumnos"

Con gran alegría e sorpresa, así recibiron os nenos e nenas do CEIP do Bolo a nova de que eran os gañadores da súa categoría do concurso xornalístico que convoca La Región. "Estamos moi orgullosos e é para nós unha satisfacción este recoñecemento ao traballo", comenta Emilio González, o profesor que dirixiu o traballo "O Correo do Bolo". 

No momento que se plantexaron participar neste concurso, os escolares xa amosaron moito interese. O primeiro que fixeron foi a posta en común do traballo que querían realizar, para despois comezar a investigar cada un no rol que lle tocaba asumir. Así, había un redactora xefa/directora, o grupo de traballo cun xefe de cada sección, redactores, reporteiros, redactores gráficos, ilustradores, publicistas, etcétera.  Unha vez feito isto comezaron coa realización do traballo, escollendo todo tipo de noticias que consideraban de interese para a comunidade educativa.

Esta experiencia resultou do máis benficiosa para introducir ao alumnado no mundo xornalístico, traballando na procura e recopilación de información e, por suposto, integrando as distintas áreas curriculares, facendo especial fincapé na expresión escrita e no uso das novas tecnoloxías, empregando unha metodoloxía cooperativa e colaborativa.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar