ACTIVIDADES

Como crear neve artificial

Este venres, 19 de xaneiro, dende as 18,00 ata as 20,45 horas, Amencer oferta un divertido obradoiro de creación de neve artificial 

Todos os venres son días especiais na Asociación Xuvenil Amencer. Remata a semana e por elo organizan algunha actividade diferente dentro do espazo Xangal de Amencer. Este vindeiro  venres, 19 de xaneiro, dende as 18,00 ata as 20,45 horas, presentarán un divertido obradoiro de creación de neve artificial coa que logo farán bonecos para poder xogar. Será unha actividade aberta e gratuíta para todos os rapaces que se acheguen nese horario a Amencer, na Sala Xangal con moitas ganas de pasalo ben.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar