ACTIVIDADES

Crear para pensar

O Concello de Ourense e Viaqua abriron onte o prazo para anotarse na segunda edición do programa educativo Arquimakers

O Concello de Ourense e Viaqua abriron onte o prazo para anotarse na segunda edición do programa educativo Arquimakers, Crear para Pensar. Coa auga como fío condutor do proxecto, quérese fomentar a creatividade infantil a través do vídeoxogo Minecraft, co que poderán aprender a crear as cidades do futuro de forma dixital.

Os alumnos deberán ir solucionando os diferentes problemas e retos que lles vaian xurdindo, e tamén os que se lles vaian propoñendo, sen alonxarse de aspectos coma a co-responsabilidade, a sustentabilidade e o traballo. Fronte o 'pensar para crear', fomentarase o 'crear para pensar'.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?