XORNAL ESCOLAR

Cuña publicitaria do Festival do Libro

20180405182703436_result
photo_camera Eva, Claudia, Silvia e Elisa, preparadas para gravar.

Escolares do Colexio Padre Feijoo Zorelle visitaron a radio e aproveitaron para difundir unha das súas actividades máis agardadas

Hai uns días, o coro do Colexio Padre Feijoo Zorelle participaron nunha actividade diferente e do máis divertida. Acudiron a unha emisora de radio onde gravaron unha cuña publicitaria coa que anuciaron unha das citas máis agardadas do curso, o "V Festival del Libro". Este evento celébrase este mes de abril no céntrico colexio ourensán. 

Os locutores Montse e Vidal axudaron aos nenos e nenas do Padre Feijoo Zorelle a preparar a cuña, a duración e a elección da música. Foi unha actividade didáctica apaixonante. 

Ao remate da gravación, visitaron a emisora co fin de coñecer a radio por dentro e o seu funcionamento, da man do xornalista Juan.
Os escolares amosáronse encantados con esta actividade e o que máis lles gustou foi pegarse aos micrófonos para poñer voz e música para anunciar o seu evento.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?