CONCURSO EN TELEMIÑO

Curiosos e divertidos en Telemiño

28.11.16.OURENSE.POLIGONO.TELEMIÑO.GRAVACION PROGRAMA XORNAL ESCOLAR.COLEXIO FRANCISCANAS.

Os estudantes de franciscanas mostraron proximidade nas relacións persoais, sentido de responsabilidade, creatividade e espírito crítico no estudio do Xornal Escolar

Esta semana Franciscanas visita o estudio de Telemiño. Un ano máis, os estudantes son fantásticos xornalistas, realizaron un estupendo programa acompañados polo profesor Gonzalo Sánchez.
Sonia, Alexandre e Pablo exerceron de co-presentadores, xunto con Conchi Pérez foron os encargados de dirixir este divertido espazo.


ADIVIÑAS 


Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas ao seu profesor. Gonzalo, despois de visionar os divertidos videos gravados no colexio, superou con éxito todas as adiviñas.

LA REGIÓN NAS AULAS


Os alumnos len, revisan e debaten sobre diferentes temas do periódico La Región.
No colexio Divina Pastora, Franciscanas, La Región é unha ferramenta importante para estar informados. A prensa escrita é moi didáctica e ofrece múltiples propostas para traballar na aula. 


RONDA DE PREGUNTAS


Os co-presentadores exerceron de fabulosos xornalistas e sorprenderon a Gonzalo con varias preguntas:


Cal é o nome do último gañador do Tour de Francia?

O Britanico Chris Froome do equipo Sky.


Que día celebramos a Constitución?


O 6 de decembro.


Que paises xogan a final da Copa Davis e cales son as súas capitais?


Argentina (Buenos Aires) e Croacia (Zagreb).


En que lugar comezou a última edición da volta ciclista a España?


Comezou na provincia de Ourense, en Laias, concello de Cenlle. Destacan os balnearios de Caldaria, Arnoia e Lobios.


Cual é o teu grupo de música preferido?


Gústanme moitos pero quédome con La Oreja de Van Gogh.


Quen é o actual campión del mundo en carretera?


O corredor eslovaco, Peter Sagan.


Como se chama o grupo do colexio que tanto coida a natureza?


Estamos moi orgullosos dos nosos Ecovixilantes.


Quen é o home lobo Galego?


Manuel Blanco Romasanta, o sacamantecas.


ALTERNATIVA OCIO


Un espazo con moitas novidades onde cada semana podemos ver un obradoiro de reciclaxe para despertar o interese pola reciclaxe e as manualidades, obradoiros fáciles e divertidos para facer en familia ou no colexio, nesta ocasión realizaron un adorno de nadal no CEIP Baños de Molgas. 


Susana infórmanos das alternativas de ocio que organiza La Región, Fernando Dacosta do comezo da Moti e das actividades que se van a  realizar e Sofia Godoy dos talleres de nadal que se farán nos centros cívicos da cidade.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar