XORNAL ESCOLAR

Das aulas ao plató de Telemiño

photo_camera Os escolares na entrada de La Región.

O proxecto do colexio Malvedo segue unha formación de humanismo cristián dentro do respecto ás diferenzas e educan nos valores de responsabilidade e fraternidade

A formación do Cpr Malvedo abarca as competencias educativas dentro da educación en valores, a transversalidade, o dinamismo e o seu carácter integrador como puidemos ver no plató de Telemiño.

A primeira experiencia televisiva foi todo un éxito para os estudantes e para a xefa de estudos do centro educativo.

Os co-presentadores, que xunto con Conchi Pérez, exerceron de fabulosos presentadores deste espazo de moda son: Alba Laude Gardón de 1º da ESO, Adrián Iglesias Trabazos de 2º da ESO e Miriam Bernárdez Sotelo de 3º da ESO.
Débora María Martínez García é a mestra concursante do Xornal Escolar. É a primeira vez que nos acompaña no plató de Telemiño, alumna do centro que despois de realizar os seus estudos comezou a traballar como docente do centro educativo no que estudou.

No colexio destacan a súa labor peroal tratando de chegar a cada estudante de forma individual, escoitando e valorando sempre os aspectos positivos ou virtudes que teñen, para traballar potenciando os puntos fortes que todo alumno ten.

A mestra concursante someteuse ás distintas probas do programa e respondeu con moito acerto a todas as preguntas que lle formularon os seus alumnos, uns fabulosos xornalistas tanto no colexio como no plató de Telemiño.

A primeira proba a que se someteu Débora foi: Que será? na que tivo que acertar unha serie de obxectos tras as pistas que lle proporcionaron os alumnos do centro nun video previo. Posteriormente tivo que acertar unha serie de accións na proba: Que farías se foses..? e por último adiviñar personaxes na proba: Quen será será?, a xefa de estudos do centro amosou estar moi preprarada e acertou todas as probas.
Os co-presentadores formularonlle a súa mestra unha serie de preguntas organizadas en tres bloques:

CULTURA XERAL

Durante que século se introduciu a arte románica en Europa?

A pesar, de non ser da súa área, a mestra é de ciencias, respondeu correctamente.

Que día morreu David Bowie?

O 10 de xaneiro. 

Cantos quilómetros se percorren na carreira de San Martiño para Adultos?
10 quilómetros, os nosos alumnos participan nesta coñecida carreira Popular da Cidade de Ourense.

COÑECENDO O COLEXIO

De onde ven o nome de Malvedo?

O nome ven do lugar onde está ubicado o centro escolar, a finca chámase Malvedo por a cantidade de Malvas que había.

Cuantos anos ten o colexio?

Vai facer corenta anos. Empezou sendo de bacharelato, comezou no ano 1977.
Eu estudei neste colexio e agora dou clases no centro no que comecei a formarme. Despois de realizar os estudos universitarios viñen a exercer a docencia.

Por que está o noso colexio no campo?

Pensamos que era unha maneira distinta de ensinar, era unha maneira de facernos diferentes e de dar unha oportunidade aos rapaces de coñecer outras cousas que na cidade non se poden coñecer. Nada nos molesta, gozamos da natureza e da súa tranquilidade.

O LADO MÁIS PERSOAL

Algunha vez algún alumno faltoulle tanto ao respecto que pensou en dimitir do seu cargo?

Claro que coñecín alumnos difíciles pero para dimitir non, sempre se pode chegar a eles si se pon interese. Se non se soluciona hoxe maña soluciónase seguro.

De pequena quería ser profesora?

Nin si nin non. Chegou o momento que tomei a decisión de dedicarme a docencia. Gústame moito ensinar.

Cáelle mal algún alumno?

Non hai alumnos que caigan mal, hai alumnos que costá máis chegar a eles pero non caen mal.
Ao rematar a tanda de preguntas Pablo e Aron improvisaron un espectacular rap.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma