O CONCURSO EN TELEMIÑO

Derroche de talento en Telemiño

O Colexio de Luintra estreouse no programa Xornal Escolar, gozando dunha fabulosa actividade no plató de Telemiño

O CEIP Plurilingüe de Luintra é un centro educativo moi dinámico que realiza interesantes actividades ao longo de todo o curso escolar.

Os mestres, alumnado e Anpa son un gran equipo que traballa a cotío nunha gran programación escolar, onde encontramos unha gran familia. Coa preparación deste programa estimulan a aprendizaxe e dan a coñecer a gran labor educativa e humana que desempeñan os mestres do seu colexio. Espertan o interés dos estudantes pola prensa e fomentan a creatividade coa faceta de reporteiros e presentadores. Co obxectivo de que o alumnado coñeza o proceso de gravación do Xornal Escolar e participe ademais nas tarefas de realización, leváronse a cabo unha serie de actividades previamente no centro.
Os alumnos desfrutaron desta novidosa, agradable e divertida actividade tanto no colexio coma no plató de Telemiño.

Ao chegar ao recinto, visitaron as intalacións de Telemiño e de La Región, minutos antes de comezar a gravación do programa.

O mestre concursante desta semana é Francisco Lino de Rafael Ramos, máis coñecido por todos como Ico, é o titor do grupo de 1º,2º e 3º de Primaria, mestre de música de todo o centro dende o ano pasado e tamén desempeña a función de encargado do comedor. Con moita naturalidade participou no concurso e enfrentouse a unha serie de acertixos e preguntas perfectamente estructuradas.

Os alumnos, co-presentadores, que axudaron a Conchi Pérez a dirixir o Programa Xornal Escolar foron: Lucía Carballo, Gabriel Rodríguez e Ayelén González. Realizaron un divertido e ameno programa escolar.

DE PLENO NO CONCURSO

Despois do visionado do video realizado no colexio educativo comezou o concurso, onde someteron ao mestre convidado a tres probas ben diferenciadas: "Que será será" "Que acción é" e "Que farías se foses". 
Para continuar, os co-presentadores someteron a Ico a tres bloques de preguntas sobre cultura xeral, sobre o0 colexio e persoais.

CULTURA XERAL

Qué mosteiro, que tamén é parador, temos preto do noso colexio?

O Mosteiro de Santo Estevo. Recordo durmir dentro do Mosteiro cando se facían os concertos de Folk, non era parador daquelas.

O NOSO COLE

Por qué hai menos profesores na escola?

Estamos seis mestres todos os días, e tres máis que son compartidos con outros centros da contorna. 
Somos menos porque cada vez hai menos matrícula. Considero que as administracións non están atendendo ben ás escolas pequenas do rural. Son moitas funcións as que asumimos entre todos. 

A PERSOA

A qué adica o tempo libre?

Como todo o mundo, gústame pasar tempo cos amigos e coa familia. Tamén me gusta pasear e a música. Desde este ano tamén teño unha horta na casa e adícolle moito tempo.
A experiencia televisiva foi un éxito e de bo seguro repetirán de novo o vindeiro curso. Os mestres e os alumnos gozaron do Programa Xornal Escolar, encantoulles sair na tele. Despedíronse con sorrisos e ganas de voltar a Telemiño.

Os nenos do colexio de Luintra foron os protagonistas esta semana no Xornal Escolar. Gozamos dun ambiente moi cercano e familiar .

Ao finalizar o programa podemos ver o videoclip "Quérote máis" do grupo O sonoro Maxin, onde o mestre concursante desta semana é o cantante. Un recoñecido artista ourensán. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma