XORNAL ESCOLAR

Descubrindo os tesouros da provincia

OURENSE. 13/03/2018 Mosteiro de San Pedro de Rocas, visita alumnos IES Cidade de Antioquia.  Foto: Miguel Angel
photo_camera Doa durante a presentación da exposición aos escolares do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar.

A Deputación de Ourense organiza o programa “Coñece Ourense” no que xa participaron máis de 2.100 persoas e esta edición conta con  seis rutas culturais, excursións relacionadas coa área do ensino da ciencia e visitas didácticas

Difundir entre os máis novos o patrimonio, a paisaxe e as bondades arquitectónicas ourensáns. Iste é o principal obxectivo do programa “Coñece Ourense” organizado pola Deputación Provincial de Ourense. 

Esta iniciativa cultural púxose en marcha no ano 2016 e actualmente xa son máis de 2.100 persoas as que participaron nesta interesante iniciativa. Na tempada 2017/2018 de “Coñece Ourense”,  16 institutos de toda a provincia participaron nesta actividade polo que xa se pode aformar que iste programa é en verbas do presidente da Deputación, Manuel Baltar, “un éxito, gracias ao que o alumnado de toda a provincia está a descubrir tesouros que se reparten por todo o territorio ourensán”.

O programa oferta seis rutas culturais distintas: Bande-Entrimo, Ciencias Carballiño, Ribeira Sacra, San Cibrao de Lás-Arrabaldo, Verín, e Ciencias Ribadavia. Este ano incorporáronse algunhas novidades ao programa como son dúas excursións relacionadas coa area de ensino das ciencias, que inclúen visitas a viñedos e bodegas do Ribeiro para coñecer o proceso produtivo do viño e aos Laboratorios Iuvenor nos que se explica o proceso de elaboración de diferentes produtos estéticos. Asemade, hai novas incorporacións ás visitas como a Casa do Museo de Otero Pedrayo e os Museos do Traxe e de Estanislao Reverter da Deputación, en Santa Cruz de Arrabaldo.

Os Institutos que forman parte das excursións programadas para o 2017/2018 son: IES Eduardo Blanco Amor (Ourense), CPR Padre Feijoo-Zorelle (Ourense), CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro (O Carballiño), IES Ferro Couselo (Ourense), IES Castro de Boronceli (Verín), IES O Couto (Ourense), IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia), IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia), Colexio Santo Ángel (Ourense), IES Cosme López Rodríguez (A Rúa), IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense), Colexio Pablo VI (A Rúa), IES San Mamede (Maceda), IES Xesús Taboada (Verín), IES O Ribeiro (Ribadavia), e IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras).


Outras actividades


A Deputación Provincial de Ourense traballa arreo en actividades educativas e é promotora de numerosos programas pensados para nenos e nenas de toda a provincia de Ourense. Así, ademais de "Coñece Ourense", presentan durante o curso escolar outras actividades como a Semana Escolar, Esquiou e Pazolandia, coas que conseguen superar a participación cada edición e convértense en actividades moi agardadas por todos os escolares que atopan, nestas propostas da Deputación Provincial de Ourense, mgníficas oportunidades para adquirir interesantes coñecementos dun xeito divertido e ao aire libre, sempre con expertos en cada unha das actividades programadas o que as converte en referentes educativos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar