WHATSAPP Ó DIRECTOR

Día da Educación Física

20170427231907225_result

O Día da Educación Física na Rúa estivo coordinado polo Consejo Colef, que representa aos 15 colexios profesionais da Educación Física e o Deporte de España

Máis de 2.000 estudantes de 16 centros escolares de Galicia participaron  hai uns días na celebración do Día da Educación Física na Rúa. Trátase dunha iniciativa que consiste en sacar ás rúas e prazas das cidades e vilas a actividade que normalmente se desenvolve nas clases de Educación Física dos colexios e institutos, de xeito que a poboación en xeral poida concienciarse da importancia desta materia.

O Día da Educación Física na Rúa estivo coordinado polo Consejo Colef, que representa aos 15 colexios profesionais da Educación Física e o Deporte de España, e conta coa colaboración dos diferentes colexios autonómicos, entre eles o galego, que preside Henrique Xoán Rodríguez Pantín.

En Ourense, concretamente, o que se realizou foi unha andaina ata unha praza céntrica da cidade onde se levaron a cabo actividades relacionadas coa Educación Física. Posteriormente, estas actividades tiveron continuidade no IES As Lagoas, que foi o organizador na cidade de As Burgas.

A celebración desta data comezou no ano 2011 no pobo asturiano de Pola de Laviana, a iniciativa do profesor Francisco Flórez e co obxectivo de mostrar como se traballa nas clases de Eduación Física, algo descoñecido para a maioría da poboación. A día de hoxe continúa coa finalidade engadida de instaurar hábitos saudables de vida e de reivindicar o papel da Educación Física como materia integral e integradora.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar