XORNAL ESCOLAR

Día de festa e convivencia no cole

09.11.16.OURENSE.MENDE.REPOR XORNAL ESCOLAR COLEXIO JOSE GARCIA.

Escolares e mestres do CPI José garcía garcía  celebraron a festa do Magosto. Para a ocasión organizaron numerosas actividades e compartiron castañas e chourizos nunha estupenda xornada festiva

As cámaras de Telemiño visitaron o CPI José García García nunha xornada moi especial, a festa do Magosto. Ao chegar ás instalacións do centro xa se respiraba un estupendo ambiente festivo e foron recibidos ao ritmo de gaitas, a ocasión ben o merecía xa que este tipo de celebracións son moi ben recibidas no colexio. Súmase a outras festas que celebran durante todo o curso e son ocasións perfectas para estreitar lazos entre todos os membros da comunidade educativa. A organización do evento foi perfecta e contaban con xogos para todas as idades. Por un lado os máis cativos estaban co "xogo da castaña", moi concentrados e por parellas amosando as súas habilidades para chegar os primeiros á meta. Tamén houbo actividades pensadas nos maiores e outras que compartiron escolares de todos os cursos. Non faltou o xogo de tirar da corda, ese que tanto lles gusta a todos e onde poden amosar o fortes que están e o ben que almorzaron ese día e así gañar aos contrincantes. A estes xogos sumáronse outros como "ourizo polas castañas", o tradicionalmete coñecido como "polis e cacos", a "culler con castañas", "castaña partida" e "castaña plantada", en definitiva, numerosas propostas lúdicas coas que os escolares do CPI José

García García desfrutaron dunha fantástica xornada festiva no patio do seu colexio. 
Tras tantos xogos chegaba o momento de repoñer forzas e nada mellor cunhas exquisitas castañas asadas para facelo. Tampouco faltaron os chourizos, que tanto lles gustan a todos. Mentras comían, os máis cativos non deixaron de clamar "Viva O Magosto!" e non querían que esa festa rematara nunca. De feito foron moitos os escolares que opinaron sobre esta celebración ante a cámara de Telemiño e os profesores coincidiron en sinalar que este tipo de actividades, fóra da aula e máis lúdicas, son do máis froitíferas xa que os escolares aproveitan para ter más relación con nenos e nenas de outros cursos e todos xuntos comparten actividades e momentos de ocio que sempre resultan do máis positivos.

Os gaiteiros, escolares do centro, sumáronse á festa e foron os encargados de amenizar a celebración que rematou pensando xa na vindeira edición. Antes quedan outras moitas festas, a primeira, a de Nadal.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?