Días de reencontros e moita emoción

ROGE1_result

Dende o Xornal Escolar compartiremos con todos vós todas as actividades que se desenvolverán nas aulas durante este curso 2016-2017 e estamos encantados de que participedes coas vosas propostas que podedes enviar a [email protected]

Comeza un novo curso. A semana pasada arrancaba coa presentación do alumnado de Educación Especial, Infantil e Primaria. Preto dun cento de centros de ensino abriron as súas portas en Ourense para recibir a 18.863 nenos e nenas que gozaron dun parón estival que se prolongou durante 82 días. O xoves tocáballe o turno aos mozos e mozas de Educación Secundaria.

Os máis cativos, os nenos e nenas de 3 anos comezaron a súa etapa escolar e aínda que non se puideron evitar algunhas que outras bágoas, pronto de adaptaron tanto á aula como aos seus profesores e novos compañeiros que pronto serán o amigos cos que compartirán xogos e moitas horas cada día.

Aínda que os primeiros días e incluso a primeira semana foi principalmente de adaptación, reencontros e presentacións, este luns xa se estabilizaba o ambiente e os escolares están xa preparados para enfrentarse a nove meses que prometen ser apaixoantes.
Antes das vacación de Nadal, que será o seguinte descanso vacacional, xa haberá exames, deberes, moitas actividades lúdicas e educativas e a bo seguron experiencias únicas que fan que cada curso sexa diferente ao anterior.

Dende o Xornal Escolar compartiremos con todos vós todas as actividades que se desenvolverán nas aulas durante este curso 2016-2017 e estamos encantados de que participedes coas vosas propostas que podedes enviar a [email protected]

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma