LECER

Diversión con maiúsculas entre os nenos de Cenlle

26113931_876572179191077_1960123290529862683_n_result

O Concello organizou numerosas actividades este Nadal para que os cativos gozaran de fantásticos días 

Os nenos e nenas de Cenlle compartiron uns fantásticos días de lecer  gracias ao gran números de actividades que desde o Concello do municipio prepararon expresamente para eles. Baixo o nome de Cine de Nadal, os cativos e cativas acudiron ao Novocine de Leiro para ver a película "Se armó el Belén". Foi unha experiencia fantástica e os participantes coincidiron en sinalar o ben que o pasaron durante a xornada.

Un ano máis, o Concello organizou tamén a visita a Pazolandia, sen dúbida unha das actividades máis agardadas dos nenos e nenas cada Nadal. Numerosos cativos de Cenlle se sumaron a esta actividade e compartiron no Paco Paz unha mañá do máis divertida gozando das múltiples atraccións deste parque. Á volta, comeron todos xuntos na Casa do Pobo de Laias e tras o xantar, foron testemuños dun contacontos e da tan agardada visita dos Reis Magos de Oriente. Foron días magníficos en Cenlle para todos os nenos e nenas do municipio.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?