SALESIANOS

Diversión sobre rodas e no supermercado

sales_patinaje_result
photo_camera Cinco participantes no adestramento de patinaxe nas instalacións do colexio.

Escolares de Salesianos aprenderon os decimais e manexaron os céntimos nunha interesante actividade lúdica

Son numerosas as actividades que se organizan de xeito paralelo ás clases no colexio María Auxiliadora de Ourense. Esta semana queremos destacar dúas delas por ser interesantes, á vez que divertidas. Un grupo de 5º de Primaria participou nun simulacro de supermercado. A finalidade desta actividade era traballar con números decimais e cos céntimos. Non faltou unha banca e caixa para pagar o que fixo que esta actividade interactiva fora divertida á vez que educativa.

Por outra banda salientar a escola de patinaxe en liña coa que conta Salesianos. Un total de 120 nenos e nenas forman parte desta escola e gozan de múltiples actividades ao longo do curso, a máis recente foi a de Samaín, disfrazáronse e maquilláronse e luciron guapísimos sobre os patíns, aportando así un tono simpático a unha das sesións de adestramento semanal.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma