O CONCURSO EN TELEMIÑO

Diversión en Telemiño

20170320122110414_result

Todos os estudantes do CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro realizaron un ameno e divertido programa escolar no estudio de Telemiño acompañados polos mestres do centro

Esta semana os estudantes de Educación Infantil e Primaria do Ceip Emilia Pardo Bazán, visitaron o estudio de Telemiño para gravar o programa Xornal Escolar.

Nesta ocasión foi o titor de 1º e 2º Primaria, Oscar Borrajo o que se someteu as probas e preguntas dos estudantes de Leiro. 

Na reportaxe, realizada no centro educativo, exerceron de presentadoras Lorena de 5º Primaria e Alexia de 3ª da mesma etapa educativa, nas adiviñas vemos a Iker e Diego de 2º Primaria, Silvia de 4º Primaria, Araceli de 3º Primaria, Eliskas e Andoni de 6º Educación Primaria.

Os estudantes, no estudo de Telemiño, estaban representados por Lucia, Erika e Iago que realizaron un estupendo traballo de presentadores xunto con Conchi Pérez. 

ADIVIÑAS 

Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas a ao seu mestre Oscar Borrajo. Con aterioridade recibiron moi ledos ás cámaras de Telemiño e gravaron os videos das adiviñas no seu centro educativo. Unha actividade moi divertida para todos os estudantes e docentes.
O mestre de Educación física de Leiro, Oscar Borrajo, superou con éxito todas as probas .

LA REGIÓN NAS AULAS

Varios alumnos/as len e debaten sobre diferentes temas do periódico La Región e do suplemento, Xornal Escolar. Unha ferramenta importante para estar informados e traballar contidos do currículo. 

RONDA DE PREGUNTAS

Os tres axudantes de Conchi Pérez exerceron de fabulosos reporteiros e realizaron varias preguntas a Oscar Borrajo:

Que fas no teu tempo libre?

Fundamentalmente practico deporte, cociño e gústame moito ler. E por suposto pasar tempo cos meus fillos, compartir afeccións.

Por que quixeches ser mestre?

Foi casualidade quería ser fisioterapeuta pero nunhas prácticas dinme conta que me gustaba ensinar, e a verdade estou encantado de ser mestre.

ALTERNATIVA OCIO

Cada semana podemos ver un sinxelo e divertido obradoiros de reciclaxe para despertar o interese por realizar manualidades no colexio ou en familia.

Esta semana tamén podemos ver unha fabulosa reportaxe do programa Esquiou que promove a Deputación de Ourense en colaboración coa estación Oca Nova Manzaneda.

Esquiou ofrece un completo programa de actividades nas instalacións da estación, incluíndo aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias. Máis de 700 escolares participan no programa Esquiou 2017. Unha iniciativa que pretende achegar o esquí aos nenas e nenas da provincia de Ourense. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma