XORNAL ESCOLAR

Divertido día na tele

20170220175257424_result
photo_camera Os escolares de 6º de infantil do colexio Salesianos.

Un grupo de escolares de 6º de infantil do colexio Salesianos visitaron o plató de Telemiño para participar no programa Xornal Escolar, onde deron conta das múltiples actividades que realizan

Os escolares de Salesianos repetiron visita ao plató de Telemiño para participar no programa Xornal Escolar. Nesta ocasión foi un grupo de nenos e nenas de 6º de Infantil os que, xunto á súa mestra e titora de 6ºC, Belén González, compatiron unha estupenda experiencia televisiva.

Antes de comezar coas adiviñas e as preguntas á profesora, falaron do seu colexio, das múltilples actividades que se organizan e o ben que o pasan aprendendo día a día. Para elo visionaron un vídeo que días antes gravaron no seu colexio presentado por dous alumnos do centro, Brais e Irene. Tras o vídeo comezou unha das partes máis divertidas, cando a profesora convidada tiña que adiviñar de que obxetos estaban a falar os nenos que proporcionaban interesantes pistas. A profesora, nesta ocasión coa magnífica axuda que lle proporcionaron os cativos do plató, respostou con acerto a todas as adiviñas.

LA REGIÓN NAS AULAS

No colexio María Auxiliadora empregan o xornal cada día e proba delo foi outro dos vídeos que ofreceron onde os escolares deron conta do ben que len e explicaron cales son as novas que máis consultan de La Región. Tamén lles gusta ler o Xornal Escolar, onde se recollen as actividades que eles mesmos realizan no centro e foron moitos os nenos dos que estaban no plató de Telemiño que máis dunha vez se viron no Xornal Escolar e eso encántalles.

RONDA DE PREGUNTAS

Outro dos momentos do programa máis agardados foi o turno de preguntas á profesora. Para elo, a presentadora Conchi Pérez contou coa axuda de tres magníficos co presentadores que foron os engardados de formular cadansúa pregunta.

Que lle gusta máis, traballar con nenos pequenos ou cos maiores?

Gústanme máis os nenos pequenos sen lugar a dúbidas. Son máis doados para todo.
Durante o verán, porque non podemos xogar descalzos co balón?
Tes que preguntarlle eso a túa nai. Como digo moitas veces, a profe manda de setembro a xuño.

Por que temos que ler tanto?

Cando vas pola rúa e ves un cartel verdade que é moi bonito saber o que dí sen ter que preguntarlle a ninguén. Ler permite ser máis autónomos. Xa sei que é un pouco “rollo” aprender, pero á vez é o máis bonito que hai.

Os escolares de Salesianos tamén gravaron unha canción en inglés para o público de Telemiño. O centro oferta tamén unha interesante actividade extraescolar que consiste en aprender inglés, con profesores nativos, mediante xogos e actividades divertidas. Proba desta actividade foi a canción que presentaron no programa e que amosa o ben que se lle está dando aprender este idioma xa dende moi cativos.

ALTERNATIVA DE OCIO

Tras unha breve publicidade, participou tamén no programa Xornal Escolar, Mauro, responsable da Asociación Nenoos, que deu conta de todas as actividades que realizan na súa asociación sita no número 23 da rúa Pura e Dora Vázquez. Aplican métodos novidosos e divertidos na educación dos nenos e contan con programas para todas as idades. Todos os interesados en “aprender xogando” poden dirixirse á asociación ou ben poñerse en contacto con eles en [email protected], en www.nenoos.es ou no Facebook.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar