XORNAL ESCOLAR

Do bosque á historia

Xornal Escolar
photo_camera Los escolares visitando el monte de A Conchada.

Visitaron o pobo de A Conchada e camiñaron polo bosque fotografiando cada espazo que será obxecto dunha exposición

A actividade intexeneracional que compartiron nenos e maiores tamén incluiu un paseo polo bosque hacia o pobo da Conchada, polo que descubriron moitas árbores, das que terán que aprender os nomes e varias características, e camiñando chegaron á Conchada. Cruzando o bosque do Falán intentaron fotografiar a beleza do Miño que se podía contemplar desde ahí para así despois na escola organizar a exposición: “As cores de outono”. 

En a Conchada, os recibiu Pilar, a veciña que amablemente falou deste pobo, e presentou a Teresa, a filla de Elías e a Helena, a súa neta, a quen lles agradeceron que lles ensinara o “Museo do Elías”.

Segundo a actividade programada aquí foron os avoíños os que se convertirían en guías para explicar os nomes e para que se usaban as ferramentas e os obxectos que están no museo, pero o camiño complicouse. E a pesares da dificultade as avoíñas e os avoíños deron chegado cun sorriso.

Quedaron para outro día, para volver ao pobo cos avoíños, e  para que eles se convertan nos mestres nas casiñas que forman parte do Museo do Elías, e que están adicadas ás diferentes profesións. Ese día aproveitarán para reforestar no monte de Palmés, e para escenificar, no contexto real, o conto gañador do concurso de contos de medo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?