XORNAL ESCOLAR

A dobraxe axuda a traballar a empatía e a concentración

Ourense. 03/04/18. Obradoiro de dobraxe no ceip Amadeo Barroso.
Foto: Xesús Fariñas

O taller para escolares forma parte do programa de Animación á Lectura da Concellería de Educación 

Escolares do CEIP Amadeo R. Barroso participaron hai uns días nunha divertida e didáctica actividade do Concello de Ourense. Trátase da proposta denominada "Dobraxe na Escola", que ten como obxectivo achegar aos escolares ao mundo da dobraxe, fomentar a comunicación oral na nosa lingua, fomentar a escritura no formato de guións e traballar a concentración, empatía e traballo en equipo.

Os dobradores Suso Pando e Manuel Pombal foron os encargados de impartir este taller que forma parte do programa de Animación á Lectura posto en marcha pola Concellería de Educación. Participaron, durante catro días, un total de 317 nenos e nenas de 6º de Primaria, de sete centros de ensino da cidade.
Na metodoloxía da actividade traballáronse aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e o traballo en equipo; ao tempo que motivou aos rapaces e rapazas para se divirtan na nosa lingua.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma