COLE A COLE

Dobraxe e promoción do galego

Escolares do CEIP Amadeo R. Barroso convertéronse en expertos da dobraxe gracias a Suso Pando

Os pequenos pasárono en grande durante a actividade.
Os pequenos pasárono en grande durante a actividade.
Dobraxe e promoción do galego

As cámaras do Xornal Escolar de Telemiño desprazáronse ao CEIP Amadeo Rodríguez Barroso para compartir cos escolares a súa experiencia coa actividade de Dobraxe na Escola. O profesional Manuel Pombal foi nesta ocasión o engardado de dirixir a actividade na que participaron todos os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria. 

Ben organizados, os escolares foron seguindo os pasos que lles indicou o monitor da actividade. Foi unha experiencia xenial e así o manifestaron os nenos e nenas ante as cámaras de Telemiño. Aprenderon moito sobre esta disciplina artística, que para moitos era practicamente descoñecida. 

Moi concentrados e con algo de nervios, os alumnos e alumnas dobraron aos personaxes que Suso Pondo lles indicou previamente, eso sí, antes das parte meramente práctica, atenderon a unha serie de explicacións sobre a creación dunha película, o guión e a dobraxe. Antes de gravar o que sería a dobraxe definitiva, os escolares tiveron a posibilidade de practicar varias veces, ensaiando un fragmento dunha película e aprendendo a encarxar ben as voces. O resultado definitivo foi magnífico e poderédelo ver este sábado no programa Xornal Escolar que presenta Conchi Pérez.