PHOTOCALL

Doces de Nadal a cargo dos nenos

20161207195502042_result

O Nadal está á volta da esquina e hai que estar ben preparados para recibir estas datas por todo o alto

O Nadal está á volta da esquina e hai que estar ben preparados para recibir estas datas por todo o alto. Para elo, a Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova, en colaboración coa Asociación Cultural As Ortigas están a organizar unha nova edición do Obradoiro de doces de Nadal, unha actividade dirixida a nenos e nenas a partir dos seis anos de idade que acolle a Casa dos Poetas de Celanova. 


Baixo a supervisión do cociñeiro Martín Álvarez, os rapaces están aprendendo a realizar doces típicos destas datas, entre os que non falta o turrón de Lacasitos, de lambonadas ou de conguitos. Tamén aprenden a facer polvoróns, guirlache e outros doces como suspiros, cake pops, biscoitos ou noces garrapiñadas. A actividade está a ser todo un éxito e os nenos, ademais de aprender a realizar numerosas recetas, comparten un tempo de lecer con outros nenos e nenas. 


Deste xeito, este Nadal nas casas dos participantes no obradoiro serán os nenos os que se encarguen de elaborar os postres e de sorprender a toda a familia con exquisitos platos que farán as delicias de todos e aportarán ese toque doce que non falta en ningún banquete.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma