Desde finais de marzo e ata o 4 de maio, todos os xoves pola tarde o grupo de escolares participou en labores de reciclaxe nas que tamén se implicou ás familias
Darlle unha nova vida aos productos eléctricos e electrónicos, concienciar sobre o coidado do medioambiente, elaborar fermosas xoias para as nais ou xuntar uns cartos para financiar a viaxe de fin de curso son soamente algúns dos obxectivos do "Taller de reciclaxe Raees, eco xoias sustentables", no que participan un grupo de escolares da ESO do colexio Concepción Arenal de Ourense.
Desde finais de marzo e ata o 4 de maio, todos os xoves pola tarde o grupo de escolares participou en labores de reciclaxe nas que tamén se implicou ás familias. Foi unha actividade estupenda e con residuos derivados de ordenadores portátiles, móbiles, modems, etcétera, realizaron as denominadas eco-xoias sustentables. Deste xeito e con moita imaxinación e creatividade elaboraron fermosos aneis, colares, pendentes e demais xoias que despois puxeron á venda.