COLE A COLE

A ecopatrulla coida a natureza

20170330183104656_result
photo_camera No taller de reciclaxe do CEIP de Casardomato todo pode ter outra vida, reciclando coidan o planeta.

No CEIP Profesor Albino Núñez realizan actividades encamiñadas ao coidado e respecto polo medio ambiente

Coa Ecopatrulla realizan diversas actividades encamiñadas ao coidado e respecto polo medio ambiente, a gozar coa natureza, implicando tanto ao alumnado como aos distintos membros da comunidade educativa, fomentando así a cooperación, a responsabilidade e o traballo en grupos de diferentes idades.  Organizan os seguintes talleres: Reciclandia, no que reutilizan materiais como botellas, tapóns, neumáticos...

Escola ponte guapa: plantan, sementan e coidan plantas, flores, árbores... Cos pés na terra, plantan, sementan e coidan patacas, allos, leitugas, acelgas, tomates, chícharos...no horto escolar. Sementa que algo queda: fan sementeiros no invernadoiro aproveitando os botes de iogur e natillas do comedor escolar. Amiguiños da vida: coidan os paxaros levándolle pan, millo e auga á súa carballeira. Tamén fan casiñas para insectos coa cortiza das árbores, e liberan xoaniñas no patio de infantil. Xogando coa natureza: fan xogos e xoguetes (vasoiras, barcos, tres en raia...) con xestas, castañas, noces, piñas, vimbios, bugallos...

Taller de cousas con raíz: “pan de millo”. Aprenderon o proceso de facer pan nas súas diferentes fases: sementar, gardar, debullar, moer, peneirar, amasar, tender, cocer e papar. A voz da terra: instrumentos musicais feitos con materiais reutilizados e con elementos da natureza. E para o vindeiro trimestre teñen previsto realizar: Urbanización para paxaros: facer casiñas para paxaros con garrafas. Quen ten unha madriña ou un padriño ten un tesouriño: cada neno/a maior apadriña a un pequeno e xuntos apadriñan unha flor, unha planta, unha árbore...Con bos ollos : consistirá na exposición de fotos dos padriños e afillados coa flor ou planta apadriñada. Pozo dos desexos: con neumáticos reutilizados faran un pozo no que cada un meterá o seu desexo por un mundo sostible.

Orixinais actividades que podemos ver na reportaxe deste fabuloso centro educativo. Para máis información visitade a súa web.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?