XORNAL ESCOLAR

Ecovixiantes en acción

reg3_result
photo_camera Escolares de Franciscanas nunha inspección no río.

Escolares de Franciscanas participaron nunha inspeción e apadrinamento dunha parte do río

Un grupo de medio cento de alumnos e alumnas de Franciscanas, acompañados polo seu profesor Gonzalo Sánchez, participaron nunh inspeción e apadrinamento dun tramo do río, iniciativa que forma parte do Proxecto Ríos no que participan con múltiples e variadas actividades.

Comezaron cunha interesante charla celebrada na Aula da Natureza de Oira, na que lles falaron sobre o río e a súa saude, a súa flora e a súa fauna. Posteriormente, todos xuntos realizaron unha visita ao Sistema  Automático de Información Hidrolóxica, minutos antes de desprazarse ao Río Loña, onde realizaron diversos traballos coa identificación de Macroinvertebrados dirixida por Adega co experto Ramsés, quen lles contou un importante número de curiosidades e lles mostrou como se identifican moitas das especies coas que conta este espacio.

Días máis tarde, os alumnos participaron nunha charla sobre o cambio climático, Nesta ocasión foi no propio centro e tiveron a oportunidade de coñecer a situación actual deste tema e formularlle todo tipo de preguntas ao experto convidado.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma