COLE A COLE

A educación é a chave do futuro

Os estudantes do CEIP Mestre Vide conmemoran o Día Mundial da Infancia con Unicef

A educación é a chave do futuro

Sonia foi a encargada de presentar, no pleno do Concello, a lectura dos dereitos dos nenos. A continuación varios alumnos realizaron a lectura correspondente: Alejandra, Sol, Bea, Paula, Ana, Miguel, Sabela, Eugenia, Andrea, Pablo, Carlota, Marcos Alfonso, Nicolás, Sara, Celia e Jorge leron o manifesto e finalizaron a actividade coa entrega do pasaporte de humanidade. Foi unha xornada magnífica, con momentos únicos e cos escolares moi implicados.