XORNAL ESCOLAR

Educación inclusiva nunha escola do S.XXI

20171122131449718_result
photo_camera Antía Pousa amosa o libro que levou ao alumnado de Turín.

A profesora Antía Pousa viaxa estes días a Turín,  no marco do programa Erasmus + para importar boas prácticas docentes

A titora de 2º de Primaria do colexio Padre Feijoo Zorelle, Antía Pousa, está estes días na cidade italiana de Turín. Alí participa nunha estancia de observación nun centro de ensino de Primaria, o Instituto Comprensivo Marconi Antonelli, un colexio que dende 2015 conta co selo de calidade de Marchio sobre servizos, igualdade, ética e inclusión.

Durante seis días, Antía terá a oportunidade de observar clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas doncentes. Ademais, entrevistará a profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en Italia e no noso país e sentará as bases de futuros proxectos de colaboración.

Esta estancia en Turín constitúe a segunda das sete mobilidades do proxecto Erasmus+ K1 que o colexio ourensán puxo en marcha o 6 de setembro, "La educación inclusiva para una escuela del siglo XXI".

Esta mobilidade xa está a ter un impacto moi positivo no centro, xa que o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria elaborou un precioso libro con información de utilidade sobre Turín e entregoullo á profesora Antía para facilitar a súa estancia en Italia. Ademais, o alumnado de 1º de Primaria elaborou un libro sobre as tradicións en Ourense co que Antía obsequiará aos compañeiros italianos.

Estes alumnos e a comunidade escolar en xeral, xa se beneficiarán a corto prazo desta mobilidade, xa que en decembro están programados dous seminarios nos que Antía difundirá o aprendido durante a súa estancia en Turín.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?