PHOTOCALL

Educación vial no CPI Antonio Faílde

20170313120906796_result
photo_camera Antes de saír ao patio, os escolares do CPI Antonio Faílde de Cambeo viron un vídeo e participaron nunha charla informativa.

Os escolares de Educación Infantil e Primaria do CPI Antonio Faílde de Cambeo-Coles participaron  nunha divertidísima xornada adicada á educación vial

Os escolares de Educación Infantil e Primaria do CPI Antonio Faílde de Cambeo-Coles participaron  nunha divertidísima xornada adicada á educación vial.

As actividades realizáronse todas no centro educativo e estiveron coordinadas por persoal da DXT, Xefatura Provincial de Protección Civil de Ourense e voluntariado de Protección Civil do Concello de Coles, aos que se sumou persoal do centro de Cambeo. 
Os escolares prestaron moita atención a cada unha das actividades que lles propuxeron, captaron ao momento cada actividade e mostraron unha total implicación, o que fixo que a proposta educativa resultara todo un éxito.

Deste xeito contaron cunha charla informativa, realizaron prácticas nun circuíto preparado para a ocasión e coñeceron de primeira man o traballo diario dos bombeiros ou da policía e todos os medios que empregan para facelo posible como é o coche dos bombeiros e do 112 ou o remolque de pronto auxilio. O alcalde de Coles, Manuel Rodríguez Vázquez, non quixo faltar á cita e gozar dunha estupenda mañá cos escolares do Antonio Faílde.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma