PHOTOCALL

En bici por toda a provincia

20180430131002484_result
photo_camera Nenos e nenas de 4 anos, do CEIP Carlos Casares de Xinzo, preparados para gozar das rutas en bici.

CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia e o CEIP Filomena Dato de A Valenzá conmemoraron o Día da Bici

O Día da Bici conmemórase en centros de ensino de toda a provincia. Exemplo disto son as actividades organizadas polo CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia e o CEIP Filomena Dato de A Valenzá co fin de promocionar o uso deste medio de transporte, que ademais de ser saudable, é sostible. 

Así, en Xinzo, os nenos e nenas máis cativos, que habitualmente acoden ao centro andando, nesta ocasión o fixeron en bicicleta. Aos escolares encantoulles esta experiencia coa que se promoveu un estilo de vida saudable, seguro e divertido.

Pola súa banda, no CEIP Filomena Dato, centro inmerso no Plan Proxecta de Mobilidade Sostible e Segura, apostaron polas bicicletas para facer un percorrido polas rúas de A Valenzá, acompañados por escolares do CEIP O Ruxidoiro. Nesta ocasión os escolares que participaron na actividade foron os nenos e nenas de 6º de Primaria, que contaron coa colaboración da Policía Local, Protección Civil a DXT e o Concello de Barbadás para que a actividade fora un éxito.

En ambos casos tratouse dunha xornada moi divertida, diferente ás habituais e perfecta para promocionar un medio de transporte respectuoso co medio ambiente.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma