TELEMIÑO

En galego, sen cancelas

Os estudantes do CPI José garcía García de Mende reflexionan, no estudio de Telemiño, sobre a situación do noso fermoso idioma 

Unha clase de 2º da ESO do CPI José García García de Mende visitaron o estudio de Telemiño para gravar o programa Xornal Escolar de Telemiño.
Loli Fernández, a profesora de música deste fabuloso centro educativo foi a concursante do Xornal Escolar. Os estudantes estaban representados, no estudio de Telemiño, por Celia González, Laura Blanco e Miguel Castro, realizaron un estupendo traballo de presentadores xunto con Conchi Pérez, a presentadora deste espazo de moda entre os escolares de Ourense. Unha divertida e amena experiencia televisiva para os estudantes e os docentes de Mende.

ADIVIÑAS 

Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas a súa mestra. Con aterioridade recibiron moi ledos ás cámaras de Telemiño, gravaron os videos das adiviñas no seu centro educativo. Unha actividade moi divetida para os estudantes de 2º da Eso.

LA REGIÓN NAS AULAS

Varios alumnos/as len e debaten sobre diferentes temas do periódico, La Región e do suplemento, Xornal Escolar. Unha ferramenta importante para estar informados e traballar contidos do currículo .

RONDA DE PREGUNTAS

A ronda de preguntas é un dos momentos máis agardados polos estudantes, Celia, Laura e Miguel exerceron de fabulosos reporteiros :

Por que elexiches ser profesora?
A miña idea era traballar nun laboratorio  pero sempre me gustou moito a educación e ao final traballo en centros educativos.

Cales son os cursos favoritos para dar clase?
Non hai un grupo específico, en cada curso centrámonos en cousas diferenres. Entre todos facedes que eu o pase ben e me guste dar clases. 

Gústache madrugar polas mañas e vir a dar clases?
Normalmente gústame ir a dar clase e levántome con moitas ganas. 

ALTERNATIVA OCIO  

Na sección AUGAEscola visitan a estación de Bombeo do Couto, onde estiveron moi atentos á explicación do noso compañeiro e científico Santiago. Explicou como funciona a estación de bombeo.Esta é a segunda, de tres reportaxes, que adicaremos a esta temática, e así, no próximo programa poderemos disfrutar e aprender moitos conceptos sobre o funcionamento de unha EBAR (Estación Depuradora de Augas Residuais), e tamen descubrimos o moito que traballan para que funcione ben a rede de saneamento residual, unha gran labor por parte do persoal técnico de Viaqua.
Estades todos convidados a ver este divertido programa que se emitirá o sábado ás 14:00 en Telemiño.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?