actividade escolar

O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía homenaxea a Celtia e Eva, vítimas de Angrois

0106.17.XUNQUEIRA DE ANBIA.GRABACION XORNAL ESCOLAR.
photo_camera Demostración e exhibición do traballo da Protección Civil e Garda Civil.

O colexio organiza un concurso para fomentar os valores da solidariedade, homenxaneando as dúas inesquecibles mozas de Xunqueira de Ambía

O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, organiza, por cuarto ano consecutivo, un concurso de debuxo, conto e relato para fomentar os principais valores da solidaridade. Este ano baixo o lema: Solidaridade dco medio ambiente.

Este concurso xorde como homenaxe a Celtia Cabido Prado e Eva Pérez Seara, dúas mozas do municipio falecidas no accidente ferroviario de Angrois o 24 de xullo de 2013. Dende esa data nada é igual en Xunqueira de Ambía.

A dirección do centro educativo, recollendo o espíritu solidario durante o fatídico accidente, decidíu organizar, xunto ao concello de Xunqueira de Ambía, o de Allariz e os colexios da contorna, un concurso que recorde, ano tras ano, a estas dúas fabulosas mozas. O seu recordo é para sempre.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma