XORNAL ESCOLAR

En negro contra as violencias

Xornal Escolar
photo_camera Un grupo dos escolares máis cativos coas súas mestras.

Escolares de CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro saíron á rúa e fixeron unha cadea humana baixo o lema "Barbadás en negro"

Escolares dos centros de ensino de toda a provincia sumáronse ás iniciativas organizadas con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Un dos centros educativos que presentou un acto de concienciación e sensibilización contra a violencia machista foi o CEIP Plurilingúe O Ruxidoiro. Escolares e profesorado saíron á rúa onde fixeron unha cadea humana baixo o lema "Barbadás en negro", convidando a todas as persoas que o quixeran a unirse a esta actividade que pretendía sacar á rúa aspectos traballados previamente nas aulas durante os últimos cursos e que poñen en valor a igualdade entre nenos e nenas. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar