ceip carlos casares de xinzo

Encantos do outono, de primeira man

20181115_123509_result
photo_camera Os nenos e nenas , encantados coa actividade de outono fóra do centro.

Escolares do CEIP Carlos Casares de Xinzo estudaron a estación do ano cunha saída a un entorno próximo ao centro, onde recolleron froitos da época

Escolares do CEIP Carlos Casares de Xinzo de LImia, acompañados polas súas mestras, participaron recentemente nunha saída por un entorno próximo ao centro de ensino para gozar dos encantos do outono. Así, observaron os cambios que se produxeron na natureza con motivo desta estación do ano. Ao mesmo tempo, recolleron productos típicos da época como follas de distintas cores, landras, bugallos, cogomelos, etcétera. 

A finalidade desta actividade foi poér en práctica os coñecementos adquiridos previamente na aula sobre o outono e conseguir gardar todos os tesouros agochados nun tarro de cristal para levar ás súas casas. Tamén realizaron unha actividade de pisar descalzos as follas que recolleron para espertar os seus sentidos. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar