ACTIVIDADE

English Project

No CPR Miraflores realizaron diferentes actividades: xogos educativos, experimentos, cociña e aula de ciencias

O 10 de febreiro tivo lugar o Open Day. Este día está pensado para que os pais e nais acompañen aos seus fillos/as ao longo dun día. Durante todo o día usan exclusivamente a lingua inglesa. O fío condutor do día foi Hollywood. O colexio estaba perfectamente decorado e preparado: photocall de cine, cámaras, poster... Cada aula tiña unha película asignada e realizaron unha actividade relacionada coa película. A través da metodoloxía cooperativa e lúdica que teñen no centro educativo, os alumnos/as participan dun día en inglés. O día comeza coas actividades na aula para rematar cos xogos, experimentos, cociña e natación pola tarde. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar