DE ACTUALIDADE

Ensinanzas básicas para a vida

CPI José García García
photo_camera CPI José García García

No CPI José García García a aprendizaxe non fica soamente nos libros, traballan por un ensino global no que a educación, o respeto, a solidariedade e a convivencia pacífica son aspectos fundamentais da formación do alumnado

Ubicado nun entorno privilexiado, cunha natureza exuberante ao redor, o CPI Plurilingüe José García García de Mende conta co seu propio xardín cunha variedade extraordinaria de flora, un horto escolar e o río ao carón que aporta un encanto especial ao centro educativo.

A nivel académico, ofertan as modalidades de Educación Infantil, Primaria e Secundaria e no tocante aos servizos que ofertan destaca o transporte escolar e un comedor de xestión directa, isto é cociña propia á que chegan diariamente os provedores con produtos frescos que elaboran diariamente polos cociñeiros do centro.

Para o desenvolvemento do día a día, contan cunhas magníficas instalacións deportivas, aulas de idiomas, aula de informática, de plástica, multimedia e laboratorios de tecnoloxía, física e química.

No tocante aos proxectos e actividades que se desenvolven durante o curso nas aulas, destacan propostas educativas pensadas para todos os niveis educativos. No que se refire aos idiomas, participan no programa Anticipación da primeira lingua estranxeira en Educación Infantil, co que tratan de introducir ao alumnado no estudo do inglés dende idades temperás.


Para axudar co inglés contan cunha auxiliar de conversa estadounidense


En Educación Primaria, comezan coa implantación do plurilingüismo e nos cursos de ESO contan cunha sección bilingüe de inglés na materia de Educación Física. Para axudar na procura desta lingua, dispoñen ademais dunha auxiliar de conversa estadounidense. O inglés no é o único idioma que se trata nas aulas xa que levan a cabo e moi activamente proxectos de dinamización da lingua galega.

Outros plans nos que están inmersos son por exemplo o Plan Proxecta, dende onde traballan na denominada Mobilidade sostida e segura, por ser un tema que interesa especialmenteao alumnado do centro.

Preténdese reintroducir así a educación viaria na escola coa finalidade transformadora que cuestione os modos de mobilidade imperantes e que favoreza a participación do alumnado na elaboración de propostas de mellora que garantan a súa seguridade nos seus desprazamentos e, sobre todo, que promovan modos de mobilidade máis saudables para toda a comunidade.


No CPI José García García a aprendizaxe non fica só nos libros


O CPI José García García é en definitiva unha gran comunidade na que se respectan as peculiaridades e diferenzas de todos e cada un dos que a integran. Trátase así dun espazo de aprendizaxe que non fica exclusivamente nos libros, isto é no meramente académico, senón que traballan arreo para transmitir ensinanzas básicas para a vida como é a educación, o respecto, a solidariedade e a convivencia pacífica dentro da súa acreditada diversidade.

O centro educativo de Mende busca, en resumo, a formación integral do alumnado nun ambiente propicio e cos medios técnicos e persoais precisos para que esta sexa o máis frutífera posible.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma