XORNAL ESCOLAR

Ensino de calidade

Ourense. 15-12-15. Xornal Escolar. Grabación programa xornal escolar no Luis Vives.
3º ESO
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera O alumnado de 3º de ESO nunha das múltiples aulas do colexio.

O Colexio Luis Vives está inmerso en numerosos proxectos este curso, destacan as propostas tecnolóxicas que presentaron en Galiciencia e un de aprendizaxe e servizo solidario

No Concello de Barbadás e a escasos minutos da cidade atópase o Colexio Plurilingüe Luis Vives, unha cooperativa de traballo asociado, concertado, plurilingüe, laico e mixto que oferta na súa web como "Una enseñanza de calidad para sus hijos".

Para acadar este importantísimo obxectivo contan cunha serie de elementos fundamentais como é un persoal altamenta cualificado, medios didácticos de vangarda, completísimos servizos (comedor, transporte, seguro escolar, gardería e actividades complementarias e extraescolares) e o que é fundamental para acadar importantes obxectivos, un equipo de profesores, pais e alumnado moi unidos para traballar con esmero en obxectivos comúns.

As instalacións do centro son moi amplas e luminosas. Dispoñen de seis aulas de Educación Infantil, 12 de Primaria, 8 da ESO e 1 aula de Educación Especial. Todas estas aulas contan co mobiliario adaptado á idade dos nenos, con aseos en Infantil, pizarras dixitais en todas as aulas e todos os medios técnicos precisos para brindarlle ao alumnado a máis completa das formacións.

Cada ano se suman novos proxectos no centro, adaptándose ás necesidades sociais e á demanada educativa actual. Deste xeito, o alumnado de 4º curso de Primaria participan este ano diversos proxectos en Galiciencia, nos que traballaron con esmero semanas antes e gracias aos que adquiriron importantes coñecementos e fomentaron en valores tan importantes como o traballo en equipo e o compañeirismo. Por outra banda, o alumnado de Secundaria están a traballar co Proxecto de APES (un proxecto de aprendizaxe e servizos solidarios), que ten como finalidade sensibilizar ao alumnado dos problemas da sociedade e a prevención dos mesmos.

No tocante ás novidades e proxectos deste curso 2015/2016 o colexio Luis Vives están pendente dun interesante proxecto no que participarían todos os alumnos e alumnas do centro e cuxa temática se centra nun audiovisual do Camiño de Santiago.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar