XORNAL ESCOLAR

Entrega da doazón pola venda do libro "A superavoa de Antón"

Recadáronse 4.000 euros que se destinarán par axudas a infancia

Mentros da fundación co cheque da cantidade total recadada.
Mentros da fundación co cheque da cantidade total recadada.
Entrega da doazón pola venda do libro "A superavoa de Antón"

Hai uns días na Fundación Meniños Ourense fíxose entrega dos cartos recadados pola venda do libro solidario "A superavoa de Antón". Trátase dun proxecto colaborativo no que participan a Fundación Meniños e o Movemento Meu Rei. Meu Rei, activismo pola infancia, é un movemento a favor da infancia que está a colaborar con diferentes ONGs para axudar a que acaden os seus obxectivos nas diferentes campañas que levan a cabo.

Recadáronse un total de 4.000 euros coa venda dos exemplares que se destinarán a axudar na importante tarefa que realiza Meniños en Galicia de traballar en prol da infancia, a loita en contra do seu abandono e maltrato. Co libro "A superavoa de Antón" quixeron ademais pór en valor o papel das avoas ao longo da nosa historia, enxalzar a súa figura como as loitadoras e traballadoras incansables que son.