XORNAL ESCOLAR

Entrega dos premios do OUFF Escola

20171026165949825_result
photo_camera Tras a entrega dos premios do OUFF Escola, todos xuntos posaron para unha foto de familia.

O Festival de Cine Internacional de Ourense incluiu a oitava edición de entrega de galardóns aos escolares, ademais de obradoiros de efectos especiais, dobraxe e achegamento ao cine

O cine foi protagonista estes días en Ourense coa celebración da XXII edición do Festival de Cine Internacional de Ourense. Os escolares volveron a contar cun apartado especial neste certame coincidindo coa entrega dos premios da VIII edición do OUFF Escola e con actividades paralelas pensadas para o público máis novo.

O Auditorio Municipal de Ourense acolleu a gala de entrega dos premios do OUFF Escola, convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense, Normalización Lingüística e o OUFF, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este certame naceu hai xa oito edicións co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a xente máis nova, coñecer a visión que ten este colectivo sobre o seu entorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, cunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espíritu crítico. 
O OUFF Escola pretende asemade, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para o audiovisual feito nas aulas.

Nesta edición presentáronse a concurso un total de 74 pezas, nas que colaboraron máis de 2.000 alumnos e alumnas. O xurado do OUFF Escola estivo integrado pola cineasta Ángeles Huerta, Gregorio Ferreiro, asesor técnico de la Secretaría General de Política Lingüística de la Xunta de Galicia, o director Héctor Domínguez-Viguera Queija, a actriz Sara Casasnovas e Manoli Maseda, coordinadora territorial dos equipos de dinamización lingüística da provincia de Ourense.

Ademais da entrega de premios, o OUFF Escola ofertou catro obradoiros entre os que houbo dous cursos de dobraxe e un de esfectos especiais para cativos. Tamén se presentou un obradoiro de achegamento ao cine, pensado para nenos e nenas desde os 5 aos 8 anos e dos 9 aso 13 anos, con actividades diferentes para os integrantes de cada un dos bloques de idade, coa intención de ofrecer un punto de entrada ao cine dun xeito lúdico e ameno.
Ademais, como cada ano, tamén houbo proxeccións pensadas exclusivamente para centros educativos. Este ano proxectaron os filmes "Tesoros", de María Novaro; e "Tout en haut du monde", de Rémi Chayé.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?