PHOTOCALL

O Entroido, a gran festa da provincia

noalla1_result
photo_camera As EEI de Noalla e Santa Cruz celebraron unha festa de Entroido conxunta na que México foi o protagonista.

Nenos e nenas de todo Ourense festexaron estes días unha das súas datas favoritas

Colorido, confetis, brillo nas vestimentas ou maquillaxes de fantasía. Estes son só algúns dos ingredientes que non poden faltar en calquer Entroido que se precie. 

Nenos e nenas de toda a provincia celebraron estes días unha das súas festas preferidas. Primeiro o fixeron no colexio e despois xa nos seus pobos, cidades, vilas e en familia.

Nos colexios, os máis cativos, coa axuda dos profesores e familiares, elaboraron os seus disfraces. Para elo esforzáronse moito para convertirse por un día nos seus personaxes animados preferidos, en superheroes, en animais fantásticos, e en tantas e tantas cousas como permite a imaxinación. Foron días de festa nos que o principal era gozar de cada minuto lucindo as mellores galas para a ocasión. Este ano dun xeito especial foron moitos os colexios que lle quixeron rendir un especial homenaxe aos bosques, á auga e aos animais que tanto sufriron os efectos dos incendios.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar