XORNAL ESCOLAR

Unha escola libre, activa e viva

7_result
photo_camera Potencian moitas linguaxes para expresarse na escola infantil Bule Bule. A arte, a música, a natureza e a ciencia ao seu alcance.

En Bule Bule, os nenos somérxense nun ámbito único e multisensorial, dotado de multitude de recursos que lles permiten en todo momento aprender ao seu ritmo.

En Bule Bule educan  apoiandose nas ganas de aprender dos nenos e das nenas, seguindo os principios da pedagoxía libre e tomando de María Montessori, de Waldorf, de Pickler e do enfoque Reggio o que máis lles gusta. A súa liña metodolóxica caracterízase por ser activa, creativa, participativa e vivencial. A educación emocional, a autoestima, sentirse querido e valorado, están dentro do seu proxecto educativo. A filosofía do seu método baséase, como nos indica a directora, nun acompañamento personalizado que respecta o ritmo de aprendizaxe de cada neno e nena. 

Traballan cos cativos dende unha perspectiva integradora fomentando neles un alto nivel de autoestima dando lugar a nenos creativos, imaxinativos, autónomos, comunicativos, con espíritu crítico e capaces de resolver problemas por si mesmos, o que fará que o día de mañá sexan persoas responsables, con criterios propios e con capacidade para tomar decisións e ser respetuosos coas opinións dos demais e co entorno que os rodea. Baseanse nos principios da pedagoxía libre, activa e non directiva donde os nenos son os protagonistas, acompáñanos sempre nun clima de apego e proporciónanlle un entorno cheo de estímulos que fomenta o aprendizaxe a través do xogo e o desenvolvemento personalizado de cada neno, potencian as intelixencias múltiples, a creatividade, a educación en valores e os idiomas.

O seu método basease nun acompañamento personalizado e individualizado que respeta o seu ritmo de aprendizaxe, fomentando as capacidades de cada un mediante un bo ambiente con material axeitado que invita á exploración. Todo elo, sempre dende un clima que non incita á competencia entre compañeiros, respetando e valorando o logro de cada neno no seu momento e ritmo oportuno, así como a cooperación entre eles. Planifican as actividades tendo en conta a teoría das intelixencias múltiples,"Todos somos capaces de desenvolver cada unha das intelixencias cos estímulos axeitados e, para os nenos, o único xeito é mediante o xogo". Para elo, empregan as preferencias individuais de cada neno para facer así do aprendizaxe un proceso atractivo facendo fincapé en aprender a través do descubrimento, a experimentación e a manipulación.

Dentro da súa metodoloxía destacar a enorme importancia que cobra a afectividade e o desenvolvemento emocional na aprendizaxe (intelixencia emocional), especialmente nos tres primeiros anos de vida.

Algúns dos recursos que utilizan para acadar os obxectivos son os contos e os libros que xunto coas mesas de luz cobran un papel moi importante no desenvolvemento integral dos nenos e das nenas que disfrutan participando e ao mesmo tempo adquirindo gusto pola lectura, valores, capacidade de concentración e observación.

En Bule Bule empregan un metodoloxía con estilo propio.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?